Tu navegador no soporta el uso de javascript y por lo tanto muchas de las funcionalidades de esta web no estarán disponibles. Trato Directo Servizos Inmobiliarios - Piso de 110m2 en Pi y Margall, en bo estado e praza de...

Piso de 110m2 en Pi y Margall, en bo estado e praza de garaxe

Superficie 110 m²110 m² 4 Dormitorios4 Dormitorios 2 Baños2 Baños Precio 265.000 €

Vos presentamos unha excelente propiedade que con toda certeza vai permanecer moi pouco tempo dispoñible na nosa carteira de inmobles.

Trátase dunha vivenda ampla, exterior e con espazos agradecidos de bo tamaño. Falamos duns 110m2 aos que hai que engadir a terraza exterior (aproximadamente 4m2) e que conta con acceso desde a cociña.

O piso situase nun terceiro andar dun edificio residencial do ano 1982. Inmoble con ascensor que chega ata o soto destinado a garaxe onde contamos cunha praza de aparcamento. Igualmente, no baixo cuberta temos un xeneroso rocho (trasteiro), do tamaño dunha habitación.

O inmoble atópase en bo estado, xa que foi mantido con moito agarimo polos seus propietarios e a sua familia, polo que non precisa de grandes reformas, senón máis ben dunha actualización no tócante a pintura, mobiliario e loza de baño.

Se queremos dar conta da distribución, a vivienda dispón dun pequeno recibidor de entrada, un agradable salón a fachada e a súa continuación unha espazosa cociña, totalmente anovada aproximadamente hai 10 anos. Unha cociña sobresaínte, completa de electrodomésticos, con moita capacidade de almacenaxe e con espazo suficiente para unha mesa de comedor de diario. Desde a cociña, tense acceso ao balcón terraza, moi soleado o longo de toda a tarde, un balcón que a maioría da veciñanza decidiu pechar e incorporar a vivenda, se ben a nós gústanos, e moito, a súa existencia e soleamento.
A continuación destes dous espazos, tamén orientado cara a fachada principal, atopase o dormitorio principal, un dormitorio dun moi bo tamaño e que conta no seu interior con baño privado.
De volta o corredor da vivenda temos acceso as estancias interiores ao patio de luces que o edificio conforma co seu inmoble líndante. Tres habitacións de bo tamaño, con boa luminosidade e un segundo baño.

En canto os materiais, calidades e equipamentos da vivenda atopámonos nun piso cunha carpintería interior de madeira, de calidade, con solos de parqué en perfecto estado e un armario encaixado de bo tamaño ubicado no recibidor de entrada. Como sinalamos anteriormente unha cociña anovada, ao mesmo tempo que se reformou toda a fontanería da vivenda (incluídos os baños). As fiestras da vivienda son de aluminio, correderas e con cristal sencillo.

O edificio conta con gas cidade, se ben a propietaria no seu día decidiu prescindir do sistema de calefacción preexistente, contando puntualmente con radiadores eléctricos (non incluídos na venta) para o seu confort nos días máis fríos do ano.

Polo tanto, na actualidade a auga quente funciona a través dun termo eléctrico e no caso de instalar radiadores individuais en cada estancia, deberíamos contar cunha inversión próxima aos 2.000 Euros, a fin de que cada estancia conte co seu radiador (no caso de decantarvos por radiadores eléctricos).

No tocante a comunidade, falamos dunha comunidade cunha veciñanza tranquila, de toda a vida, e que presenta un estado de contas saneado. A vivenda contribúe con 72,18€/mes de cota a comunidade de veciños, comunidade que nos últimos anos reformou fachada principal (foi instalado SATE que mellorou substancialmente o illamento do piso), patios, tellado, baixantes e ascensor. Na actualidade deixase abonada a renovación do portal e instalación de vídeo porteiros.

En definitiva, probablemente unha das mellores opcións en calidade/precio dos últimos meses no mercado inmobiliario local. Unha propiedade a que se debe engardir o valor da súa localización, unha zona que conta con todolos servizos necesarios para un bo día o seu redor, ben comunicada, con bo transporte e outros servizos, así como farmacias, supermercados, colexios e un longo etc.

Veña a ver esta fantastica propiedade e contrúa unha nova etapa dentro dunha vivienda luminosa, cómoda e ampla.

**Nota: Por indicación expresa da propiedade, comercializamos este inmoble en réxime de exclusiva. Isto garante o acceso a toda a información relevante, un servizo de alta calidade e un proceso claro e directo, sen interferencias de terceiros. Se vostede é un axente inmobiliario e ten un cliente interesado nesta propiedade, póñase en contacto connosco; estaremos encantados de colaborar. As visitas realízanse estritamente con cita previa; rogamos que non moleste aos veciños.

Características

  • Referencia
    P004255
  • Año de reforma
    2012
  • Antigüedad
    44 años
  • Tipo de piso
    Piso
  • Alturas del edificio
    6 plantas
  • Cert. Energética
    En Trámite
  • Superficie
    110 m2
  • Habitaciones
    4
  • Baños
    2
  • Calefacción
  • Ascensor
  • Ascensor al garaje
  • Garaje incluido
  • Plazas de garaje
    1
  • En mismo edificio
  • Trastero
  • Metros Trastero
    8 m2
  • Terraza
  • Metros Terraza
    4 m2
  • Tipo suelo
    Parquet
  • Tipo persiana
    PVC
  • Cocina amueblada
  • Orientación
    Norte-Oeste
  • Luminoso
  • Exterior
  • Comunidad
    73.00 €
  • Videoportero
  • Balcones
    (1)
  • Electrodomésticos
  • Lavadero
  • Armarios empotrados
    (1)

Calificación Energética

Certificación en proceso de tramitación.

Ubicación

Es un sitio ideal para mí

 

¡Compártelo!

¿Tienes alguna pregunta?

Te responderemos en menos de 24 h
Nombre
Teléfono
E-mail
Asunto
Consulta
Información Protección de Datos Finalidades: Responder a sus solicitudes y remitirle información comercial de nuestros productos y servicios. Legitimación: Su consentimiento. Destinatarios: No están previstas cesiones de datos. Derechos: Podrá ejercer sus derechos, entre otros, a acceder, rectificar, limitar y suprimir sus datos.
Acepto el tratamiento de datos con fines publicitarios tal como se indica en la política de privacidad.